A nosa faceta máis doce

No último ano a nosa cidade abriulle as portas a unha marea de doces e coloridas obras de arte comestibles. Emprendamos nós unha viaxe polo museo da repostería creativa.
No último ano a cidade de Vigo foi testemuña do aumento da popularidade da repostería creativa, coa apertura de novas tendas que venden utensilios e ingredientes necesarios para poder crear as túas propias obras de arte comestible e cursos para aprender a realizalas.
Seguro que vos estades a preguntar de que estou a falar con iso da “repostería creativa” as obras de arte…Vouvos dar unha pequena explicación disto. A repostería creativa consiste en crear tortas, cupcakes, galletas… pero diferentes, cunhas decoracións chamativas, coloridas e, ante todo, deliciosas.
Isto cóntovolo de primeira man, xa que dende hai tres anos esta práctica e parte da miña vida, e xa todos os que me coñecen me relacionan con iso.
Quizais sobre o papel custa imaxinar a aparencia destes postres, e para axudar con iso, volvo aparecer eu. Aquí vos deixo uns postres de colleita propia.

 

Antía Gago Alonso