AMOR

carta-amor-novio

O 14 de febreiro é o Día do Amor ou día de San Valentín, como marca a tradición. A orixe remóntase ao século III, cando o emperador Claudio II decidiu prohibir a celebración de matrimonios entre os máis novos. O motivo era que os homes solteiros e sen familia eran os mellores soldados.

Valentín era un sacerdote que viviu durante o mandato de Claudio II. O sacerdote desafiou o emperador e celebraba, en segredo, matrimonios entre mozos namorados. Claudio II soubo disto e mandou que o metesen na cadea, finalmente ordenou que o martirizasen e o executasen o 14 de febreiro. De aí vén a popularidade deste sacerdote, que foi santificado posteriormente, e o nacemento do Día do Amor ou Día de San Valentín.

 

Non che apetece escribirlle unha carta de amor, un poema, un relato, etc. a unha persoa especial para ti?

 

ANÍMATE e ESCRÍBELLE!!

 

  • Deixa a túa carta nunha caixa que estará colocada enriba dunha mesa na entrada do centro, diante do taboleiro de Dinamización.

 

  • A carta deberá estar dentro dun sobre pechado e na parte exterior deberás indicar o nome e mais o curso da destinataria ou destinatario.

 

  • O luns 15 de febreiro alumnas do Equipo de Dinamización pasarán polas aulas e farán entrega das cartas.