Abre os ollos aos mundos ocultos que poden existir aos teus pés

Cazadores de sombras. Ciudad de hueso: un libro perfecto para os amantes dos romances adolescentes, a acción e os xiros de trama inesperados, que fan voar a nosa imaxinación ata un novo mundo.

Este libro de Cassandra Clare móstranos todo o mundo que pode existir aos nosos pés sen decatarnos. Ademais crean nas persoas unha adicción que as impulsa a seguir lendo, e fai que se sintan como se estiveran no seu interior , chegando a convertelas nun personaxe.

Neste relato, Clarissa Fray, unha adolescente cun don para a pintura, descobre que, agochadas nas sombras das sinuosas rúas de Nova York, ocultas nun mundo antes invisible para os seus curiosos ollos, habitan os cazadores de sombras.

Dun día para outro, a súa vida dá un xiro de 180º, poñendo o seu mundo patas arriba. Clary comeza a descubrir o mundo dos cazadores de sombras, algo que, sen ela sabelo, sempre formou parte da súa identidade. De súpeto, homes-lobos, fadas, vampiros, demonios e cazadores de sombras convértense nos seus habituais compañeiros.

A súa nai desaparece, e o único que ela sabe con certeza é que todo estes sucesos son causa do novo  mundo ao que agora pertence.

Xunto a Jace e os seus novos amigos cazadores de sombras, emprende unha arriscada misión para recuperar a súa nai, Jocelyn. Unha tarefa que non lle será nada doada de realizar. Cazadores de sombras. Ciudad de hueso, é unha novela perfecta para os amantes do misterio e da acción, para os apaixonados dos mundos ocultos e dos seres fantásticos.

FOT_lecer_23032015_internet_EDIT

TEXTO: Antía Gago, Ruth Carrera/ FOTOS: wikiSADOWHUNTER