A vida, o mellor agasallo

No noso IES, desde o curso 2007/8, encargámonos de promover a doazón de órganos, realizando unha serie de actividades encamiñadas á sensibilización do noso alumnado respecto da doazón de órganos. Unha desas actividades é o concurso de debuxos e lemas A vida, o mellor agasallo.  

Este ano presentamos ao concurso 44 traballos de gran calidade, pero como só pode haber dous gañadores…resultaron premiadas Laura Piñeiro e Ana Cabreira de 1º de ESO B cos traballos baixo lemas A túa vida pode dar máis de si. Doa e Valora a túa vida. Doa

 

img_PrimeiroPremioSecundariaimg_SegundoPremioSecundaria