A vida non sempre é perfecta para todos: coñece a Alaska e os seus amigos

Miles Halter comeza o curso no  internado Culver Creek, en  Alabama, co obxectivo de deixar atrás a súa solitaria vida en Florida e explorar o que el denomina como: “o sentido da vida e o que esta nos depara”.

O seu compañeiro de cuarto, ao que todos chaman o Coronel, odia os “pijos”  e rapidamente conecta con Miles, ponlle un alcume e, a partir dese día,  todos o van chamar  Gordo. Un sobrenome moi irónico posto que era moi delgado. Miles coñece a Alaska Young, unha fascinante moza, unha das mellores amigas de Chip (o Coronel) e a súa proveedora principal de tabaco.

Miles coñece uns antigos amigos do Coronel e Alaska chamados Takumi e Lara, e pasan o semestre fumando, bebendo, estudando cálculo para aprobar e gastando bromas nunha guerra aberta cos “nenos pijos”.

Miles namórase apaixonadamente de Alaska, pero algo vai cambiar as súas vidas para sempre.

Unha vez máis John Green tráenos unha novela única que fará que os pelos se te poñan de punta, que sintas angustia e pena polos personaxes e cunha linguaxe moi coloquial para que todo tipo de lectores se sintan cómodos coa lectura.

O autor fai que sexa fácil conectar cos personaxes: teñen unhas características comúns e están relacionados nun contorno escolar. A personaxe que destaca é Alaska, xa que ten esa especie de misterio, unhas tolas ideas e un algo de romanticismo, sen chegar a ser empalagoso coma noutras novelas deste xénero.

En xeral, un libro fantástico para os fans de John Green.

 

TEXTO: Lidia Zemiri / FOTOS: Internet

FOT_lecer_18052015_libros (1)_EDIT