A Universidade ligada ao noso instituto

Os alumnos de 1º de bacharelato, acompañados por Alfonso, Mónica e Teresa (orientadora) para adiantarnos ao futuro próximo e orientarnos nos nosos próximos estudos, fomos á Universidade de Vigo o día 13 de abril. Alí coñecemos as distintas facultades. Ao chegar,  fomos divididos en tres grupos, segundo as mateirias escollidas por nós mesmos: ciencias ou letras. Esta división foi a máis ampla, pois logo volvéronnos a subdividir e, a cada grupo, ensinábanlle distintos espazos. Na sección de Ciencias, visitamos Bioloxía, Ciencias do Mar, Química, Enxeñería de minas e Telecomunicacións, e na sección de Letras e Dereitos visitamos a Facultade de Dereitos Civís e Romanos, a Facultade de Filoloxía, Facultade de Económicas, Facultade de Comercio e Dereito da empresa, Traducción e Interpretación. Neles o profesor de cada materia, impartiunos unha pequena charla sobre o temario que iamos dar, ensinounos algún experimento no laboratorio, expuxo ideas e traballos feitos noutros cursos… Esta saída foi un pequeno avance para facernos unha idea das posibilidades, respecto aos estudos, que temos máis preto.

2015-21-5--22-27-08

 

TEXTO: Carmen Villasur