Editorial

Concluía o editorial do número 24 da nosa xa antiga revista  (en realidade o 25, se contamos aquel nº 0) coa frase “Longa vida á revista!”, pois ben, rematada toda esa fase orixinaria, de inicio, de aprendizaxe, de titubeos, comeza agora a nosa revista total, a revista online, que recolle todo ese xerme, afiánzao e amplíao.

É hora daquela de lembrar aquel inicio, idea de Carlos Bartolomé, de lembrar todo o alumnado e todo o profesorado que fixeron posible esa primeira etapa, sobre todo a todas e todos os que formaron os distintos CONSELLOS DE REDACCIÓN que con tesón, con afán, con moito agarimo e moitas horas de traballo  foron facendo posible que anualmente e, sen faltar nunca á cita, saíse do prelo cada un dos números  da revista.

Deamos a benvida a esta nova e ilusionante xeira da revista, e de novo, longa vida á revista!

“Só cabe progresar cando se pensa en grande, só é posible avanzar cando se mira lonxe”, José Ortega y Gasset.

E é que este novo CONSELLO DE REDACCIÓN ten que pensar en grande e mirar lonxe porque eses antigos CONSELLOS DE REDACCIÓN lle puxeron o listón moi alto.

Esperamos pois estar á altura e encher a revista cos premios Carlos Casares, priorizando os contidos novidosos e en formato audiovisual.

 

Consello de redacción da nova etapa da revista Manda Carallo

Consello de redacción da nova etapa da revista Manda Carallo

Comments are closed.