Nestas últimas semanas antes das vacacións do Nadal estivemos moi atarefados, xa que os rapaces e rapazas da revista Mandacarallo tivemos unha idea orixinal: facer chapas para festexar o Nadal e regalárllelas a todos os estudantes do centro. Cada nivel e mesmo algúns cursos ou grupos de alumnos en concreto deseñaron a súa propia chapa. Os membros da revista encargámonos de crear unha para aqueles niveis que non fixeron a súa propia; ademais, imprimímolas e coa máquina fixámolas na chapa en si. Todas quedaron moi orixinais e cuns deseños moi chamativos.
O equipo da revista Mandacarallo deséxanvos unhas Felices Festas!!!
Iker Cameselle e Saúl Lago.