A nova xerencia da cafetería do IES Carlos Casares

Este ano 2014-2015, ao retomar as clases despois do verán, o alumnado do instituto viuse sorprendido por un gran cambio na cafetería: novo persoal, novos produtos -algo máis caros pero de mellor calidade-, entre eles a pizza, que causou grande expectación entre o alumnado, concursos de fotografía e adiviñas.

Agora mesmo, á fronte da cafetería están:  Hugo, Sonia, Sofía e mais Xosé. Desexámoslles boa sorte e que  continúen rexentando a cafetería durante moitos anos.

FOT_DíaADía_13042015_novacafetería_02_brunodacosta_EDIT

 

TEXTO: Enrique Rabadán / Fotos: Bruno Dacosta

Tags: