A historia real de Yvette

Cando sobes ao avión non te fas nin a máis mínima idea dos cambios que vai experimentar a túa vida e do privilexiada que es por ter unha oportunidade tan grande.

Pasar un ano no estranxeiro cámbiache a vida, non só aprendes un novo idioma que che abrirá todas as portas que queiras se non que che cambiará a ti por completo.

Estar aquí ensínache un significado distinto da palabra familia, ábreche a mente a novas ideas, novas persoas, novos sabores e vaiche facer vivir moitísimas novas experiencias e retos aos que nunca te enfrontaches. Aos poucos, e ao mellor sen darte conta, descubrirás que te convertiches nunha persoa diferente, sen medos, sen prexuízos, con mil historias que contar, con amigos que xamais criches que poderías ter e unha familia a cada lado do océano.

Aínda lembro o meu primeiro día aquí, tiña moitísimo medo, non estaba cómoda coa miña familia, ata eles din que cando cheguei non falaba, rumoreaba.

O primeiro día de colexio estaba tan nerviosa que nin sequera comín. Foi bastante duro, pero agora mirando atrás e quedándome só dous días para volver a España, doume conta do valente que fun, do moito que me achegou enfrontarme a eses retos e do moito que vou estrañar todo isto.

En nadal a miña familia levoume a California, esa foi a primeira vez que os meus pés tocaron a auga do Pacífico. Xamais se me vai quitar da memoria ese momento. Nunca estivera tan lonxe da miña familia de España, pero sentíame na casa. Aí é cando te dás conta do privilexiada que es e do abertas que tes as portas do mundo despois disto.

Xamais esquecerei este ano, volver a España será das cousas máis difíciles que fixen.


Yvette B. 14 anos
Utah. Estados Unidos. 2018/19 Palabras descoñecidas

Tags: ×