A dura vida do porteiro.

Porteiro, gardameta, arqueiro, cancerbeiro,… ou outras mil palabras para referirte a unha persoa que se dedica a protexer o espazo entre tres paus para que un balón non entre. Parece sinxelo, mais non o é. O porteiro é a posición máis complicada nun equipo de fútbol, por moitos motivos. Vive os partidos nunha inmensa soidade. Se o seu equipo xoga mal, reciben unha gran cantidade de goles, non é estraño que lle boten a culpa e, sobretodo, se comete o erro de marcar un gol no campo do adversario, diso acórdanse todos.

Todo o mundo apoia a De Gea, a Ter Stegen, a Oblak,… cando fan gala das súas cualidades de primeiro nivel e son clave para gañar partidos pero se cometen un erro nunha gran cita, díficil será de esquecelo, caso do exporteiro do Liverpool Loris Karius que fallou na final da Champions e por iso o seu equipo perdeu este torneo.

Eu son gardameta dende os 5 anos e nunca me arrepentirei desa decisión porque grazas a ela cheguei ata onde estou agora. E si, cometín erros que acabaron en gol pero tamén parei bastantes penaltis. Fixen un despexe mal de cen, mais só se acordan do que errei. En fin así é a vida do gardameta, esa vida que pode pasar dun extremo a outro en segundos.

Iker Cameselle Hermida 3ºC.