A clase de 2º de ESO A viaxará ás Cíes de balde!

Debuxo de Lara para o I Concurso de postales de nadal Naviera Nabia

Debuxo de Lara para o I Concurso de postais de Nadal Naviera Nabia

Con este simpático e orixinal debuxo gañou Lara o concurso de postais de Nadal. Como podedes ver nel, Papá Noel chegou ao embarcadoiro das Illas Cíes nun peculiar trineo con forma de barco da empresa “Nabia”. E o mellor é que o premio é para todo o grupo de 2ºA, que poderán viaxar de xeito gratuíto e gozar das fermosas illas no mes de xuño ao remate das clases! Parabéns, Lara!