Adeus, rapazada!

O alumnado de 2º de Bacharelato foi despedido e homenaxeado nun acto moi entrañable e emotivo,  o 8 de maio de 2015. Nesta despedida tamén estiveron algúns dos seus profesores e profesoras ademais do director e os familiares. Os alumnos vestían elegantemente para o acto, a maioría dos rapaces con traxes de chaqueta e das rapazas con vestidos. Presentado por Carmen García, comezou  falando Carlos, o director, seguido de Victoria (nai de Antía) e secretaria da ANPA ao longo de seis anos, e de Martín Giráldez. Ao acabar, entregáronlles cadanseu diploma, en lembranza dos seis anos que compartiron estudos no IES Carlos Casares. Un vídeo, feito por un grupo de 2º de Bacharelato, deu conta do seu paso polo centro.Para finalizar, o centro agasallounos cunha merenda na cafetería.

Texto: Ana García e Maria Alonso. Fotos: Carlos Paz