Non máis plásticos, grazas.

Hai uns meses, os mineiros das aulas de 3° ESO, fomos a unha exposición baseada no plástico na fundación Barrié. O primeiro que fixemos ó entrar foi contemplar, entre estupefactos e sorprendidos negativamente, unha tonelada de plástico procedente das illas Hawai. Bolsas, cordas, cadeiras, mesas, rodas -incluso de tractor! Na súa gran maioría, o plástico procedía de elaboracións industriais, marítimas e costeiras. Había bolsas, moitas bolsas.

Logo continuamos coa nosa experiencia no mundo do plástico e dividíronnos en grupos. No noso grupo comenzamos observando diversos obxectos de plástico, como os coñecidos xoguetiños dos ovos Kinder®, e enxergando as formas de reciclaxe ou reutilización orixinal dalgúns destes. Alí mesmo, estivemos vendo un documental sobre A bóla de plástico, unha montaxe sobre o traxecto dunha bolsa de cidade (bolsum usualum) cara á liberdade nos océanos. Cando rematamos, continuamos a nosa viaxe, apreciando os estragos dos plásticos nos mares, principalmente das bolsas. O seu único labor no mar é deixarse levar polas correntes, esperando a que unha ave os coma na costa, morrendo máis tarde de inanición ou desgarramento de estómago, ou adentrándose no gran azul, na procura dos seus compañeiros ««polímeros»» nas famosas illas do plástico, que  se forman ó seren arrastradas polas correntes e que perdurarán, facéndose máis grandes por momentos, se non facemos algo por evitalo. Vimos outra curtametraxe relacionada co ciclo do plástico dende outra perspectiva: tiramos o plástico ó mar. O plástico inxíreo un peixe pequeno, que morre infectado no estómago doutro máis grande que xa o comera. Nós pescamos ese peixe, ponzoñoso posto que comeu o peixe nocivo pequeno. Finalmente,  nós comemos ese peixe plastificado.

Bastante impactante.

Para rematar, en grupos máis reducidos, traballamos nun pequeno proxecto utilizando anacos de plástico. Elaboramos, en DIN A3,  unha obra de arte crítica cos impermeables, e quedamos con elas.

Isto é todo amig@!

Texto: Xian Faro. 3º de ESO A. Foto http://humania.s3.amazonaws.com/inst_000943/images/20141116084311530.png