Cinensino

O pasado xoves 14 de marzo, o alumnado de 1º da ESO foi a unha sesión de Cinensino, para ver o filme Aurora.

Trata sobre unha nena que non se atopa ben na súa familia, xa que non a comprende, nin na escola, onde un novo profesor trata de motivala. Ela ten unha forma peculiar de observar e comentar a súa contorna, ademais, a súa irmá maior está ausente, e a pequena, dona perfecta, non axuda a suavizar os seus sentimentos. Forma parte dun grupo de música, dirixido polo irmán da súa amiga, que deixa de selo por este feito.

O filme ensinoulles que hai que respectar e empatizar cos demais.

En xeral, o filme non convenceu de todo aos alumnos, xa que lles pareceu aburrida e tamén porque ao final, non se  entendeu ben como se solucionaban os problemas de Aurora.

Eire Taboada Prieto 1º ESO