Visitando PANTOQUE

O mércores 6 de febreiro, os alumnos de 2º ESO C , fomon de visita ao museo do Marco.

Dividíronnos en dous grupos para coñecer a historia do museo e ver a exposición actual, Pantoque, de Ramón Trigo (pintor), e Eduardo Armada (fotógrafo), que fotografou o seu traballo, durante o ano que estiveron en Astilleros Armada en Bouzas, Vigo.

A exposición trata sobre o traballo realizado nos asteleiros e a visualización da decadencia deste oficio nos últimos anos.

O artista usou distintas técnicas e materiais, coma a espátula, ou a pasta de papel para darlle textura.  Facía todo Ramón Trigo, inclusive os lenzos (de medidas arbitrarias), con taboas de madeira ou teas. Outro material utilizado para facer texturas, foi a granalla.

Tamén coñecemos a historia do museo, pois na súa orixe foi un cárcere con pavillóns que separaban a  xente por xéneros.

Máis tarde fomos a ludoteca realizar unha copia adaptada do traballo de Ramón Trigo e Eduardo Armada. Tratábase de  facer un gran debuxo coas letras P, A, N, T ,O, Q, U, E, ou só con algunhas e aplicarlle as técnicas que mencionamos anteriormente, cunha excepción xa que a granalla non era a que usaron nos asteleiros, senón os restos de afiar lapis e ceras de cores mesturadas con serraduras. Podiamos pintar co que quixésemos, con ceras, con témperas, cos dedos, con esponxas… Tiña que ser un debuxo personalizado, o máis orixinal posible. Mentres algúns compoñentes do grupo pintaban, outros tiñan que sacar fotos dese traballo, e gravar vídeos, coma fixo Eduardo Armada. Foi moi interesante!

Candela Teijeira e Area García  2º de ESO C