Dálle a volta, que ves?

Con motivo do día contra a violencia machista, a Subdelegación de Goberno de Pontevedra organizou  un concurso de relato curto e debuxo. A alumna Eire Taboada de 1º ESO B, quedou en segundo posto na súa categoría, cun collage que representaba a igualdade de xénero.

O alumnado de 1ºESO A e B matriculado en Proxecto Integrado foi, xunto a Eire, a Pontevedra á entrega de premios para apoiar á súa compañeira. Regaláronlle unha cámara GoPro e a oportunidade de visitar o Centro Oceanográfico coa súa clase.

Os seus compañeiros e compañeiras alegráronse e felicitaron a Eire pola súa obra titulada Dálle a volta, que ves?, que tiña o obxectivo de transmitir que todos e todas somos iguais e que temos os mesmos dereitos, ninguén é mellor ca ninguén. Eire quería expresar que somos iguais, somos persoas miremolo por onde o miremos e temos que respetarnos.

Participaron no concurso moitos adolescentes procedentes de varios colexios e institutos de Pontevedra. Presentáronse centos de debuxos, e o xurado votou polos que máis representaban o rechazo á violencia machista, o traballo de Eire quedou en segunda posición.

Helena Novas Molares 1º de ESO A