Todo o alumnado de 4º de ESO achegámonos ata o Auditorio Municipal. Alí Ianire Estébanez falounos dos estereotipos, do rol da muller na sociedade e outros temas de interese para as nosa idade.
Agora sabemos que é a violencia simbólica e podemos afirmar que é verdade que subxace na sociedade, principalmente nos anuncios, na propaganda ou incluso nas cancións. Tamén nos decatamos que non é apropiado xeneralizar e que hai unha fina liña entre humor e insulto. Falou do rexeitamento, do consentimento e do postureo. Ti postureas?
Polo “non leo, non comprendo, comento”, porque é certo que “ás veces a realidade supera a ficción” e porque ” a medida ideal é a túa”.
Dámoslle as grazas a Ianire por amosarnos todo isto e facernos reflexionar coa súa charla. Foi un pracer!
Erea Garcés. 4º de ESO