Aprendendo a salvar vidas

Fomos de visita ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde nos recibiu Manuel que é membro da asociación Adrovi. Informáronnos do labor que realizan e déronnos una chapa co seu nome e mais un recoñecemento ás gañadoras do concurso de carteis sobre doazón, realizado no curso anterior no marco do programa do Plan Proxecta Salvavidas.

O Conselleiro de sanidade, Jesús Vázquez, deunos as grazas por ter participado e facer uns debuxos tan orixinais.

Logo explicáronnos o que era a morte súbita e fixemos prácticas de reanimación cardiopulmonar (RCP) ou primeiros auxilios, que nos resultaron moi interesantes xa que non sabiamos o modo de facelo, para termos a posibilidade de SALVAR VIDAS!

Hospital3

Fabiola Viñas 2ºC e Joel Covelo 2º A