Aprendendo no cine

O día 31 de outubro, o alumnado de 1º da ESO foi a Cinensino, a ver o filme La profesora.

Desde a chegada da nova profesora á escola, a vida dos pais e alumnos volveuse do revés. O seu comportamento corrupto e o intento de suicidio dun dos mozos, posiblemente por mor deste asunto, fai que o director da escola convoque aos pais a unha reunión para asinar unha queixa en contra da mestra. A conexión da profesora co Partido Comunista fai que todos se sintan ameazados e sen a posibilidade de tomar decisións que vaian en contra dela.

Este filme ensinounos que temos que apoiarnos uns nos outros, que debemos dicir o que pensamos, sen facer dano a ninguén, e amosounos unha realidade que está a ocorrer.

Ao chegar ás aulas cubrimos uns cadernos de actividades para reflexionar sobre o filme e sobre o clima escolar do instituto.

O filme non gustou a todo o alumnado, mais algúns estudantes quedaron moi satisfeitos.

 Eire Taboada Prieto e Helena Novas Molares 1º de ESO