Os trobadores do mar

Aproveitando que se achega o Día das Letras Galegas, presentamos o xogo que o alumnado de 2º de ESO da materia de Programación, creou baseándose na historia de Martín Códax e nas sete cantigas de amigo presentes no Pergamiño Vindel.

Animádevos a participar e a resolver todos os retos que se vos propoñan, aprenderedes moito sobre a vosa cidade e sobre a importancia da música e da poesía escrita en galego-portugués na Idade Media.

Velaquí tedes a ligazón: Os trobadores do mar