Cartas de amor

O 14 de febreiro é o Día do Amor ou Día de San Valentín, como marca a tradición. A súa orixe remóntase ao século III, cando o emperador Claudio II decidiu prohibir a celebración de matrimonios entre os máis novos. O motivo era que os homes solteiros e sen familia eran os mellores soldados.

Valentín, un sacerdote que viviu durante o mandato de Claudio II desafiou o emperador. Celebraba, en segredo, matrimonios entre mozos namorados. Claudio II enterouse e mandou  que o meteran na cadea. Ordenou que o martirizasen e o 14 de febreiro foi o día no que o executaron. De aí vén a popularidade deste sacerdote, que foi santificado posteriormente. Así naceu o Día do Amor ou Día de San Valentín.

Pierced-Heart-800px

Non che apetece escribirlle unha carta de amor ou un poema a unha persoa especial para ti? ANÍMATE e ESCRÍBELLE!!!

O xoves 15 deixa a túa carta dirixida a outra persoa do instituto na caixa que estará enriba dunha mesa na entrada do centro (na ventá de conserxería).

A carta deberá estar dentro dun sobre pechado e co nome do destinatario na parte exterior. As cartas poderán ser anónimas.

O venres 16 de febreiro serán entregadas aos delegados para que as repartan nas súas respectivas clases.

Autora: Erea Garcés