Un santo protéxenos

O domingo 28 de xaneiro foi o día de santo Tomás de Aquino, o patrón dos/as estudantes e do ensino, especialmente do universitario. Moitos de nós descoñecemos a causa pola que este santo é o noso patrón e ese día a súa festa. A razón principal é que este santo destacou desde neno pola súa memoria e a súa intelixencia, dedicou a súa vida ao estudo e, ademais, foi profesor e doutor en numerosas universidades, como París, Roma, Nápoles, Bolonia, Viterbo e Orvieto. Chegou a ser o profesor de filosofía máis famoso da Igrexa e sempre tentou conciliar a ciencia coa fe. Tamén foi un dos grandes mestres da escolástica, movemento filosófico que usaba a razón para entender as ideas cristiás.

Santo Tomás naceu no ano 1224 ou no 1225 en Roccasecca, entre Roma e Nápoles, e morreu o 7 de marzo do 1274 á idade de 49 anos. Foi declarado santo en 1323 apenas cincuenta anos despois de morto e Doutor da Igrexa en 1567. Os seus restos foron levados á catedral de Tolouse un 28 de xaneiro e por iso se celebra nese día a súa festa.

St-thomas-aquinas.jpg

Iker Cameselle Hermida e Lucía Alonso Fernández.