Así vas mal, Yelko

O xogador de fútbol e ex-alumno do IES Carlos Casares, Yelko Pino, cometeu unha falta de respecto cara ao seu equipo, a Cultural y Deportiva Leonesa. Este rapaz utilizou unha linguaxe inapropiada para referirse ao seu equipo e foi grabado co móbil dun compañeiro do seu ex-equipo. A bancada quedou moi descontenta coa súa actitude. Para desculparse o xogador dixo pola radio que se trataba dunha broma dirixida ao seu compañeiro, tamén da Cultural, pero o club non aceptou a escusa e ante esta situación rescindiu o seu contrato. Actualmente Yelko está fichado pola Sociedad Deportiva Ponferradina. A Liga de Fútbol Profesional denunciou os comentarios deste xogador. Veremos como lle sae todo.

Se queredes saber o que dixo: https://www.youtube.com/watch?v=LWfPc8xeR-Q

Fonte das imaxes: www.lanuevacrónica.com

Autor: Marco Dopazo