Os sete problemas medioambientais máis graves

Coñecer os problemas máis graves do medio ambiente pódenos axudar a ser conscientes de que cada pequeno xesto importa. Poñémonos en acción?

Saber o que está ocorrendo ao noso redor é o primeiro paso para lograr un planeta mellor. Estes son algúns dos problemas do medio ambiente que debes coñecer para poder actuar en consecuencia:

1. Desaparición dos bosquessira

Durante os últimos anos asistimos a unha progresiva destrución dos bosques ou deforestación. En moitos países a deforestación é unha consecuencia da agricultura non sostible ou sobreexplotación da madeira. En España actualmente hai ONGs ecoloxistas que están actuando activamente para replantar os bosques danados con especies autóctonas. Participa! É UN LABOR COMÚN.

 

2. Seca

sira2O 70% da superficie terrestre está cuberta por auga, pero dela o 97,5%, que é auga de mar, non é apta para o consumo humano. Por outra banda, a demanda de auga medra e está previsto que aumente nun 55% ata o ano 2050.

Adicionalmente, atopamos a problemática da calidade da auga, o que fai que se estea convertendo nun dos bens máis preciados.

Polo tanto, é importante concienciarnos da importancia de coidar este recurso, de reducir o seu consumo e de reciclar.

Está nas nosas mans!

ppp

3. Xeración de residuossira3

Segundo os datos de Eurostat, durante o ano 2014 os residuos xerados na UE polas empresas e os fogares ascenderon a 2.503 millóns de toneladas, a cifra máis alta en Europa entre 2004 e 2014. Por iso a reciclaxe é esencial, xunto con evitar o uso de máis materias primas (material non reciclado, bolsas, envases plásticos, etc.) e reducir o impacto no contorno natural.

REDUCE, REUTILIZA, RECICLA!

pp

4. Contaminación do aire.

sira4A contaminación do aire que respiramos polas emisións de gases é un dos problemas máis preocupantes do medio ambiente, causando a desaparición da capa de ozono. Segundo os datos da ATUC, o uso do transporte público evita a emisión de ata cinco millóns de toneladas de CO2 ao ano, polo que con xestos sinxelos como o uso de transporte público ou o uso de coches eléctricos podemos contribuír a un aire mellor. Xa sabes, a partir de agora… Bus, metro ou bicicleta!

pp

5. Cambio climático

A natureza avísanos cada ano de que algo está cambiando. E debemos escoitala. Os datos facilitados pola UE advirten de que o aumento da temperaura provoca deforestación, destrución de hábitats naturais, desxeo dos polos, temperaturas extremas e fenómenos meteorolóxicos como tifóns ou furacáns. Non só se ve na televisión; é unha realidade. As imaxes non precisan subtítulos! O primeiro paso para facerlle fronte é saber que está aí.

Infórmate!

sira5pp

6. Contaminación do mar
sira6A contaminación do mar débese, entre outras causas, ao uso de substancias tóxicas derivadas da intustria, de pesticidas ou da vertedura de petróleo. Isto supón un grave problema que se pode trasladar á nosa propia cadea alimentaria. Adiviñas como?

 

7. Perigo de extinciónsira7

Todo o que ocorre no medio ambiente está relacionado e a extinción de especies é unha das consecuencias de todas as problemáticas descritas nos outros seis puntos. O Índice de Planeta vivo 2016 amosa que a poboación mundial de peixes, aves, anfibios, mamíferos e réptiles diminuíu nun 58% entre 1970 e 2012. O aumento de especies en perigo de extinción e a redución da biodiversidade son dúas cuestións que deben preocuparnos, pero aínda estamos a tempo de poñer da nosa parte para minimizalas. Non basta con ver unha vertedura de petróleo no televisor e asustarnos. Temos que concienciarnos e actuar.

 

Despois de ler todo isto, cres que o planeta pode esperar?

Sira Ricoy