30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

O día da paz conmemora o falecemento do activista Mahatma Ghandi. Esta persoa loitou polos dereitos da poboación india con métodos de resistencia pacífica e promovendo a non violencia. Faleceu asasinado inxustamente a tiros o día 30 de xaneiro de 1948 aos 78 anos de idade.

O Día da Paz tamén se chama Día Escolar da Non Violencia e da Paz (DENYP) convócase para ensinar aos nenos que é a paz e como promovela. E por qué só se ensina aos escolares? Porque nós estamos na etapa de aprendizaxe, e os maiores deberían ter claro polo menos o concepto de paz mundial, pero hai algún que non debía de facer moito caso nas clases de paz…

Actualmente, por desgraza, hai moitos países en plena guerra ou destruídos por recentes conflictos, como por exemplo  Siria, Sudán, Pakistán… A maioría destas guerras, por non dicir todas, comezan por causas políticas e económicas. Dese mesmo xeito desencadeouse a famosa Segunda Guerra Mundial, na que faleceron millóns de persoas inocentes.

Aquí vos deixamos un enlace para que coñecades máis sobre a vida de Mahatma Ghandi.

Tamén os invitamos se vos interesa a ver a película “Gandhi”. Aquí deixámosvos o tráiler.

30/01/22