A volta ao mundo no Salesianos

Cómo darías a volta ao mundo sen sair de Vigo? Pois moi sinxelo, só tes que poñer rumbo ao cine Salesianos e disfrutar cun clásico:”Le tour du monde en 80 jours”. O alumnado de terceiro emprendeu esta aventura sobre as 9:20 ao seu destino. O chegar  observaron que había moitos máis centros. Sen ningunha complicación, entraron pouco a pouco e ordenadamente. A obra estaba a piques de comezar, e todo o mundo estaba impaciente. Por fin, a obra comezou e todos calaron. Todos coñecían a obra, sin embargo sorprendeunos a habilidade dos actores para interpretar varios papeles o mesmo tempo. Tamén participaron co público subindo o escenario a dous profesores doutros centros. Pareceunos moi orixinal o decorado, e sobre todo o elefante que mercaron na India. A representación durou pouco, pero foi entretida, e ademais fixeron unha ronda de preguntas ao público. Nela descubriron que dous dos tres actores eran de Francia e a muller polifacética era española. Despedíronse de eles e foron saíndo educadamente. Melloraron a comprensión e a fala de francés.

sdr