Tecnomusicando

Sabías que producir música electrónica é moito máis sinxelo do que parece? Só se necesitan algún materiais moi fáciles de conseguir, como cables de crocodilo, pilas de petaca, un lapis e un papel ou unha lima oxidada.

IMG_20171120_160355_909

Mateo ensinounos como facer a nosa propia música cun obradoiro didáctico para todos os terceiros. Nel aplicamos os nosos coñecementos de tecnoloxía e as pinceladas que nos deu el sobre como coa electricidade podíamos emitir sons, creando uns circuítos de música electrónica e converténdonos dun plumazo nuns auténticos músicos.

 

dav

Posiblemente a parte máis interesante do obradoiro foi experimentar co noso propio corpo a sensación de ser conductores da corrente. Co contacto entre nós soaba música e canto máis contacto había a nota soaba máis grave e viceversa. Tamén outra experiencia interesante e abrumadora foi ver como ao escribir os nosos nomes nunha folla de papel con lapis e conectalos ao circuito eles mesmos creaban música. Os nosos nomes! Impresionante non?

 

Kevin Pérez e Daniel Bugallo