Innovación educativa 2017-18

Como nestes últimos anos o noso centro forma parte do Plan Proxecta, unha iniciativa proposta pola Xunta de Galicia. Estes  programas están concibidos para fomentar a innovación educativa nos centros. Este ano o noso IES decidiu participar en cinco programas:

  • Clases sen fume: é un dos proxectos máis vencellados ao noso centro e un dos máis populares.  A súa intención é informar ás novas xeracións sobre os aspectos dañinos do tabaco e mentalizar os rapaces para evitar que o consuman.
  • Salvavidas: este tamén é outro clásico do noso instituto.  Trátase de concienciar os nenos para que nun futuro se convertan en doadores de órganos e tecidos.
  • Meteoescolas: é un dos proxectos cos que comezou o plan no instituto. A actividade introduce os alumnos no mundo da meteoroloxía, empezando a usar os seus aparellos e realizar medicións.
  • Donas de si: é a nova idea do Plan Proxecta. Inténtase facer que os estudantes  coñezan o labor que tiveron e teñen as mulleres relevantes, as mulleres no noso contorno, as mulleres no plano cultural. O titulo do proxecto no noso instituto é Ma+is … é muller! Este titulo intenta xogar cos dous significados da palabra mais/máis. Máis, como adverbio de cantidade, significa que as mulleres non só serven para facer os traballos da casa, senón que poden facer moito máis; e o máis como conxunción, significa que as mulleres poden facer traballos que tradicionalmente imaxinarías que era imposible.
  • Innovación e Dinamización Lingüística: fomenta o uso oral da nosa lingua mediante o traballo dalgunha temática de actualidade. Este ano o dedicarémolo ao Pergamiño Vindel, unha xoia dos cancioneiros da Idade Media.

Atoparedes máis información do Plan Proxecta aquí:

plan-proxectaImaxe collida da web da Xunta de Galicia

Pablo Fernández, Kevin Pérez e Daniel Bugallo