O mellor remate de curso

Como cada ano, terminamos o curso da mellor maneira posible, visitando as nosas paradisíacas illas Cíes. Como sempre, subindo ao faro norte para quedar cegados novamente coas marabillosas vistas e como novidade con festa no barco de volta. Unha gozada!