GRAZAS

Levar máis de trinta anos traballando e dedicando parte do seu tempo a formar, guiar, educar e aconsellar a rapaces e rapazas que hoxe en día son, ou aínda chegarán a ser, homes e mulleres con moitas ganas de vivir e que lembran o IES Carlos Casares como a súa segunda casa, é todo un orgullo para nós e para as tres profesoras: Mª Carmen, Mercedes e Pilar que decidiron como ben dicía unha delas “chegar ao cabo de Buena Esperanza” e comezar unha nova etapa nas súas vidas.

 

Todas elas fixeron da elegancia, o seu estilo; do xenio, a súa conduta; da xenerosidade, a súa forma de vida e da intelixencia, a súa arma para combater a ignorancia e achegar a todos nós leccións de vida.

 

Para nós, como compañeiros e compañeiras, foi todo un orgullo compartir o día a día con estas tres profesionais que forman parte da familia Carlos Casares.