Aprendemos moito programando

O alumnado de 2º de ESO que está matriculado na materia de programación, vén de gañar o Concurso Proxecta “Aprendo Programando”, cun xogo educativo: “Igual-dado”.

As profesoras Almudena Rouco e Pilar Carro levan uns anos participando neste proxecta porque segundo elas mesmas din: permítelles aprender os contidos da materia de programación á vez que desenvolven valores importantes para a sociedade actual. Este curso traballaron co alumnado o tema da igualdade de xénero. Utilizaron unha metodoloxía baseada na Aprendizaxe por proxectos e na gammificación. Imitando o taboleiro do xogo da Oca, deseñaron o taboleiro de Igual-dado con 15 casas, o día 15 de xullo é o día da Igualdade. O xogo consiste en ir superando as probas-xogo que están en cada unha das casas do taboleiro para poder avanzar e chegar ao final.