Sen título

Colaboración literaria: Nair Alonso Martínez. 2º de bacharelato

Era unha desas mozas. Era unha desas mozas que parece sacada de Tumblr, Instagram ou Twitter. O outro día sentou ao meu lado na biblioteca. Ía cun vestido azul e sandalias brancas. Sacou da súa mochila o seu iPad, o teclado, unha botella de auga, un bote de crema de mans e o seu iPhone, e deixouno todo perfectamente colocado sobre a mesa, Abriu o bote e botouse crema nas mans. Púxose a traballar e eu seguín estudando. E así pasaron os días, eu sentábame no mesmo sitio de sempre e ela ao rneu lado, facía sempre o mesmo, chegaba á mesma hora, ía tomar un café cando levaba media hora traballando, sempre tomaba o mesmo, café con aveilanas e tres de azucre, íase sempre ás dúas e dez, e eu, simplemente a observaba.