Aparentemente

Colaboración literaria: Nair Alonso Martínez. 2º de bacharelato

Volviches aparecer e sigo sen entender nada. Cada vez que creo esquecerte apareces dalgunha maneira e todo volve sentirse igual de mal; igual de doloroso. Como unha ferida que xa está cicatrizada aparentemente e quítaslle a postilla e volve sangrar. Igual é iso. Aparentemente, só aparentemente