Xogando coas matemáticas.

Fai algunhas semanas nós, os estudantes de 2º da ESO, visitamos o Banco Pastor, para facer unha actividade da Fundación Barrié. Nesta ocasión a actividade trataba de experimentar coas matemáticas. Mediante diferentes xogos, acertixos e descubrementos chegamos ao lado máis divertido desta asignatura.

As actividades estaban repartidas por diferentes mesas nunha sala á que se accedía mediante un enorme ascensor. Ao entrar na sala nos encontramos con 8 mesas na que en cada unha realizábanse diferentes cousas, dende facer figuras ata poñendo números na calculadora e sacando a data do noso nacemento.

Todo foi moi interesante e divertido nunha excursión na que o pasamos moi ben, volveriamos.