25 de Novembro: Mocidade na onda

Xa queda menos para o 25 de Novembro… O día contra a Violencia de Xénero.

Este día celébrase porque, fai anos, ese mismo día, morreron asasinadas as Irmáns Mirabal. Elas, baixo a dictadura de Trujillo, foron valentes e protestaron para que a muller tivera máis dereitos, xa que naquela época os homes eran os únicos que podían decidir o futuro da muller.

En Vigo, para celebrar este día, vaise facer o acto “Enlaza Vigo”, que ten como lema: “Mocidade na onda”:

Neste proxecto da Concellería de Igualdade de Vigo participarán 38 centros educativos de secundaria. Consistirá nas seguintes actividades:

ACTIVIDADE NA AULA: ( fixéronse nos primeiros 15 días de novembro)

Expresión artística: Consistiu na elaboración de carteis co obxectivo de plasmar no debuxo o que quere dicir o lema do EnlazaVigo 2017 (“Mocidade na Onda”).

Microvídeos:  O alumnado participante tivo que elavorar microvídeos en relación ao lema do proxecto contra a violencia de xénero

ACTIVIDADE NA RÚA: (Do día 15 ao 26 de Novembro)

Tratouse de expoñer os traballos realizados polos participantes na rúa de Príncipe para concienciar a xente do grave problema que están a sufrir as mulleres, exactamente 1 de cada 3.

O acto central tivo lugar na rúa Urzaiz o 24 de Novembro, no que convocáronse a máis de 2000 escolares de secundaria, onde farán varias actividades informativas e de sensibilación.

Acto central na rúa Urzáiz, que terá lugar o venres 24 de novembro. No mesmo convocaranse a máis de 2000 escolares de secundaria a participar nas actividades informativas e de sensibilización (proxección dos microvídeos no Marco, visita á exposición colectiva da rúa Príncipe, visita á exposición “A violencia sexual na xuventude. Informate!”, etc). Tamén haberá unha programación de actividades xuvenís complementaria. O momento central do acto terá lugar as 12:00 coa presenza de representantes da corporación local presididos polo Alcalde de Vigo, así como representantes do Consello Municipal da Muller. Neste momento realizarase un xesto de solidariedade con todas as vítimas da violencia de xénero.

 

O noso centro, tamén vai celebrar este día, facendo diferentes traballos e enviámdoos para uns concursos contra a violencia de xénero. Son os seguintes: (Clica nas imaxes)

 

1º da ESO fixo uns debuxos nos que representaban o sufrimento das mulleres maltratadas, e tamén uns relatos que fixeron na clase de Plástica e Galego.

2º da ESO fixo uns microvídeos para concienciar á xente do problema que estamos a sufrir.

3º da ESO fixo uns murais que se expoñeron na Rúa Príncipe, co mesmo motivo que os traballos anteriores.

 

Cambiando de tema, imos falar da evolución das chamadas ao 016:

 

Esta e a evolución de chamadas ao 016 dende o 2007 ata o 2016.

no 2007 houbo: 15.715

no 2016: 85.318

Isto indica que o número de chamadas sube, polo tanto as mulleres cada vez están mais concienciadas de o verdadeiro significado da violencia de xénero.

En España no 2016 fixeron un total 85.318 chamadas ao 016. Das cales en Galicia foron 4.033. O foco da maioría das chamadas foron en Madrid unhas 18.800 unha cifra escandalosa. Iso demóstranos que aínda estando estando no século XXI o maltrato está moi presente, na sociedade, e debemos erradicalo.