25 de novembro, día contra a violencia de xénero

Un ano máis participamos en Enlaza Vigo, un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar ao noso alumnado sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.

Nesta cuarta edición, a temática elixida é a Ciberviolencia de Xénero na mocidade, co obxecto de previla, recoñecela, e non ser cómplices destas actitudes e comportamentos. Así, o noso alumnado traballou as diferentes manifestacións desta ciberviolencia (sexting, sextorsión, ciberbullyng e grooming) con diferentes accións:

  • Relatos virtuais. Manifestacións de ciberviolencia en WhatsApp coa súa resolución. 1º de ESO con Eugenia en lingua castelá. Podedes velos aquí.
  • Expresión artística. Unha obra por cada 1º de ESO expostas na rúa do Príncipe desde o día 18 ao 26 de novembro coa axuda de Almudena, profesora de plástica.

FOT_artes_251114_ciberviolencia_AlmudenaLacomba_03_EDIT         FOT_Artes_25112014_ciberviolencia_AlmudenaLacomba_01_EDIT

Tapiz humano na rúa de Urzaiz o día 25 de novembro. 1º ESO A, B e C e 2º ESO C coas respectivas titoras, Bea, Almudena, Eugenia e Ana.

Alí os monitores e monitoras do Concello fixéronnos bailar, xogar ao pano, participar nas probas de remudas…

Para tal evento 2º da ESO C realizou unha figura  vestida coas diferentes redes sociais para simbolizar que podemos servirnos destes medios de maneira positiva e non para controlar ou acosar os demais.

TEXTO:María Vila/FOTOS: Almudena Lacomba