24 de outubro, día internacional das bibliotecas

FOT_Artes_05102014_Matemáxicas_01_MariaVila_EDIT

A nosa biblioteca aproveitou esta data e o cartel editado este curso pola Consellería, para estimular a lectura matemática entre o noso alumnado. No club de lectura os libros propostos xiraban ao redor das matemáticas, con títulos tales como:  El asesinato del profesor de Matemáticas, Malditas matemáticas ou El crimen de la hipotenusa. Ademais aproveitouse a ocasión para dar a coñecer a toda a comunidade educativa o noso proxecto anual en formato blogue: Matemáxicas.

A Biblioteca e o blog de Matemáxicas propoñen actividades lúdicas relacionadas con esta materia: campionatos de Masterd Mind e resolución de enigmas con concursos para todo o alumnado.

 

TEXTO: Julia Villasur / FOTOS: Almudena Lacomba