A árbore escrita

Este Nadal quixemos facer algo orixinal para decorar o noso centro e ocorréusenos a seguinte idea: crear unha árbore de Nadal con citas que recollemos de diferentes libros de Casares, recordando que é o autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Para darlle un toque especial, escribimos cada unha delas nun folio que semellaba desgastado. As citas da base da árbore fixémolas a man. Segundo aumentabamos en altura, a maneira de escribir cambiaba, representando un sistema de escritura cada vez máis actual, pasando pola máquina de escribir e chegando ao ordenador.

IMG_2481

Para os textos feitos coa máquina de escribir aprendemos a utilizar unha antiga gardada en Secretaría. Foi unha experiencia esgotadora, xa que había que premer moi forte as teclas e non se podían cometer erros: cada vez que nos equivocasenos, teriamos que utilizar o typp-ex, produto descuberto por unha muller.

A estrela da árbore, como non podería ser doutra forma, foi  unha foto de Carlos Casares e dela fixemos saír unhas cordas das que penduraban todas as súas frases en forma de ramas.

Aquí vos deixamos unha foto do noso proxecto rematado!

La imagen puede contener: una persona

Kevin, Erea, Xosé, Paula (2º ESO C)