A revista en acción

Manda Carallo é a revista do noso centro, que se desenvolve de acordo cun proxecto presentado no marco dos Contratos Programa da Xunta de Galicia na modalidade Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia (para saber máis sobre estes programas, preme aquí). Hai catro anos que se leva a cabo de maneira dixital como parte deste proxecto; as edicións anteriores eran en papel.

Todos os luns o equipo de redacción da revista que estades a ler, rematadas as clases da mañá, quedamos a comer na cafetería do instituto. Somos un grupo de alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO. Ás tres comeza a acción e ás cinco menos vinte remata o noso labor.

O noso traballo consiste en publicar información sobre as novas ocurridas no instituto, reunións, exposicións e outros acontecementos en xeral.

Revista17_18O consello de redacción da revista no curso 2017-2018

Erea Garcés (3º C)