Como todos os anos, no centro celebramos unha mestura de magosto e Samaín. Os nosos profesores realizaron unha grande entrada facendo unha imitación da Santa Compaña, todos vestidos de branco e con candeas nas mans; realmente arrepiante. No festival, puidemos observar diferentes disfraces, tanto feitos á man como comprados. Tamén fixemos un concurso de cabazas, algunhas delas inspiradas en Carlos Casares, como a galiña azul; no vestíbulo tivemos a oportunidade de degustar as diferentes sobremesas preparadas para o concurso, que tiñan unha pinta deliciosa. Por último, o que ninguén de nós esperaba era que os nosos presentadores e compañeiros se puxesen a cantar. E animáronse a facelo!
Día a día, Lecer
Un Samaín moi terrorifico
BUSCA
Categorías
- Coeducación (7)
- Día a día (282)
- Entrevistas (10)
- ExAlumnado (17)
- Galería (5)
- Lecer (50)
- Opinión (14)
- Plan Proxecta (61)
- Premios Carlos Casares (28)
PATROCINADOR

PUBLICACIÓNS RECENTES
- Peche do curso
23 Xuño, 2020 - Orlas 2019/20
23 Xuño, 2020 - Resolución XXI premios Carlos Casares
18 Xuño, 2020 - Cada xesto conta
5 Xuño, 2020 - XXI PREMIOS CARLOS CASARES
17 Maio, 2020 - Libros recomendados para estas vacacións!
12 Marzo, 2020 - Anabel Abalde entre bambalinas
7 Marzo, 2020 - TAEKWONDO
3 Febreiro, 2020 - NATACIÓN
13 Xaneiro, 2020 - Traballando contra a Violencia de Xénero
13 Xaneiro, 2020