Proxecto Quérote+

Este ano, coma noutros anteriores, os alumnos de 3º de ESO participamos en Quérote+ do Plan Proxecta. Este proxecto engloba diferentes temas como a autoestima e o coñecemento de nós mesmos, a convivencia e a sexualidade. Para saber máis sobre estes, os alumnos traballamos en distintas materias: Valores Éticos, Plástica, Bioloxía… realizando vídeos, traballos e autoretratos. Ademais, contamos coa axuda de Sonia, que nos deu tres charlas explicativas nas que o alumnado falaba e debatía, polo que foron moi dinámicas. En cada unha delas falamos e fixemos actividades sobre un dos temas traballados, polo que puidemos resolver moitas das dúbidas que tiñamos, e que Sonia soubo resolver.

Texto: Julia Villasur. Fotografía Rosa Gómez.