Londres: grande e diferente.

O primeiro día estabamos todos moi nerviosos, ansiosos pola semana que nos esperaba, falando do que iamos facer alí… Ata que o bus arrancou.

Tras a longa viaxe, chegamos cansos pero ilusionados porque xa estabamos “nas Inglaterras”.

Edificios homoformos? Coches luxosos? Diversidade cultural? Iso é Londres. Chegamos ao hotel con pinta de pousada (no que descubrimos paredes de cartón e comida escasa que sobraba) nos que pasariamos catro noites. Non todo foi malo.

Londres describímolo en dúas palabras: grande e diferente. A cada momento que pasabamos polas rúas de estradas invertidas, visitando museos de tamaños titánicos, integrándonos na cultura británica ou gozando do “Mind the gap” do metro, a cousa melloraba. O tempo non favoreceu moito os últimos días, pero iso non nos impediu pasalo ben. Entre as actividades que fixemos, as favoritas foron visitar o London Eye, Trafalgar Square, Hyde Park e o National Gallery Museum. Tamén gozamos dun precioso tempo libre para intentar ver o máximo de Londres e para comer de pé, como alí acostuman.

O tempo pasaba e sentiamos a mágoa por ter que marchar da cidade. Pero aínda quedaban as noites nas que iamos aos dormitorios dos compañeiros para falar, gastar bromas e aproveitar o tempo. Ata que chegou a hora de marchar: a ningúen lle fai moita graza ter que abandonar Londres, mais non nos deixaban quedar a vivir.

Recollimos as nosas cousas e volvimos a facer aquela viaxe ata Vigo. Nos bus da volta compartíanse cantos, soños e as ganas de volver a ver as nosas familias para contarlles todo o que pasara en Londres.

FEITO POR: XIAN FARO RODRÍGUEZ, ÁNGEL COSTAS CASTRO E NÉSTOR DOMÍNGUEZ SIMÓN, 4º ESO.