O pasado venrres 4 de marzo o alumnado de segundo a ESO acudiu ao Proxecto Imaxina da Fundación Barrié.
As actividades consistían en ir pasando polos diferentes talleres, realizando as diferentes actividades como ilusións ópticas, xogos matemáticos e diferentes problemas lóxicos. Xogamos con diferentes obxectos como espellos, dados, calculadoras e pezas de madeira e goma eva.
Foi unha xornada moi divertida, todo o alumnado saíu cunha vista diferente desta disciplina académica e se puidesen repetirían a visita.
Texto: María Teijeira Pérez 2ºB e Lara Pampillón Ubeira 2ºA