Que relación hai entre as corridas de touros e os anacos de queixo?

Os alumnos de 2º de ESO A e C visitamos o MARCO.  Alí explicáronos o que é a arte contemporánea e as súas variantes. Tamén vimos  a exposición de María Luisa Fernández na planta baixa deste peculiar museo que fora un cárcere. A exposición, dende logo, foi algo que non esperabamos, unha visita peculiar . Entre todas aquelas obras o que máis nos chamou a atención foron as esculturas que facían referencia a distintas temáticas, como: as corridas de touros, anacos de queixo, o Mar Vermello… Cada unha era diferente, o que a facía especial.

Texto : Laura e Helena.

[wzslider]