Novo concurso de Haikus para conmemorar o día da poesía.

Nas refinadas cortes dos poderosos daimios (aló polo ano 1500 a. C. en Xapón) e do Emperador, facíanse competicións de tankas, cun xurado que daba premios. Enfrontábanse dous poetas, un improvisaba os tres primeiros versos do tanka, os haiku (5, 7 e 5 sílabas) e o segundo improvisador tiña que pechar a composición con dous versos de 7 sílabas. Así xurdiron algúns dos haikus de máis sona da literatura de Xapón:
O vello estanque!
Unha ra salta dende o bordo;
ruído na auga. (Matsuo Basho)

Esta breve introdución ao Haiku e os exemplos lévanos a comprender que son tres versos sen rima, humildes, breves, sinxelos (pero non simplistas), cheos de filosofía vivida e unidos a un debuxo escueto que o colorea con acuarela, tintas, témperas ou pastel… E o tema… calquera que vos inspire. Pero o xurado, valorará que a temática xire ao redor da figura de Carlos Casares. Velaquí un exemplo:
Sente o pasado
achegándose tal Vento ferido,
na escura noite.

Infancia, mocidade, madurez, obra literaria, ensaística, teatral, afeccións, teimas… do noso Carlos Casares, todo mergullado nun poema.
Os traballos gañadores son de Natalia ( temática casariana) e Antía ( temática xeral) de 2º de ESO C. Parabéns!

[wzslider]